ESTAMOS TRABALLANDO O OUTONO:
AO COMEZO DO OUTONO ANTÍO MANDOUNOS UNHA CARTA. FOMOS VELO PORQUE ESTE ANO ESTÁ DISFRAZADO DE PINTOR.
AQUÍ VOS DEIXAMOS OS NOSOS TRABALLOS DO OUTONO SOBRE: FROITOS, PAISAXES, O ESQUÍO ANTÍO E OUTROS PERSONAXES,
TAMÉN TEMOS SOBRE A FESTA DO SAMAÍN. HAI CABAZAS QUE ADORNAMOS NA CASA COA AXUDA DE MAMÁ E PAPÁ PARA A EXPOSICIÓN
ESTAMOS INVENTANDO UN CONTO SOBRE O OUTONO NO BOSQUE (INVENTAMOS NOMES AOS PERSONAXES, ESCRIBIMOS O QUE FAN, COMO SE SINTEN, QUE LEVAN…) , O LIBRIÑO VAINOS QUEDAR PRECIOSO.
ASÍ NOS QUEDOU
Este vai ser o blog das clases de cinco anos. Nel comezamos a escribir en tres anos, imos contar as nosas actividades, preocupacións, dúbidas, xogos,...
30 oct 2011
28 oct 2011
A MASCOTA ESTIVO EN SUDÁN
REMATAMOS O PROXECTO DE SUDÁN
ELABORAMOS UN LIBRIÑO COA INVESTIGACIÓN: APRENDEMOS SOBRE ANIMAIS, AS VIVENDAS, A MOEDA, O IDIOMA, A BANDEIRA,… E COMPARTIMOS INFORMACIÓN SOBRE O RÍO NILO.
FIXEMOS UN BAILE NO PATIO QUE TEN RELACIÓN CO PAÍS: “ FUNGA ALAFIA”

14 oct 2011
O CALENDARIO
TRABALLAMOS CO CALENDARIO
ESTE ANO TRABALLAMOS CO CALENDARIO DE MESA. IMOS FACENDO DÍA A DÍA O QUE SUCEDE, O TEMPO QUE FAI,… ASÍ ATA REMATAR O MES, E CAMBIAMOS DE FOLLA. AO FINAL DE CURSO LEVAREMOS UN ALMANAQUE CON TODOS OS MESES. DURANTE O OUTONO RECOLLEMOS O TEMPO QUE FAI E CONTAREMOS CANTOS DÍAS FIXO VENTO, CHUVIA, SOL,…

Suscribirse a:
Entradas (Atom)