28 jun 2013

A FESTA FINAL DE CURSO E A MERENDA

O 21 DE XUÑO REMATAMOS AS CLASES.
FIXEMOS UNHA MERENDA ESTUPENDA.
EN SETEMBRO VOLVEREMOS... PERO XA ESTAREMOS EN 1º!

FELICES VACACIÓNS!

MARCHAMOS DE VACACIÓNS E... REGRESAMOS EN 1º!

HOXE IMOS MARCHAR DE VACACIÓNS.
LEREMOS MOITO, FAREMOS UN DIARIO E...
EN SETEMBRO INICIAREMOS PRIMARIA. IMOS A 1º!!!

21 jun 2013

FESTA FINAL DE CURSO EN INFANTIL

HOXE FIXEMOS UNHA ENORME FESTA EN INFANTIL.
TIVEMOS MERENDOLA, BAILE, XOGOS,... E CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DO VERÁN.
MIRADE QUE BONITO TODO:

LEVAREMOS PARA A CASA A CARPETA COS NOSOS TRABALLOS. QUE ILUSIÓN NOS FAI ENSINAR TODO NA CASA!

20 jun 2013

FOMOS A 1º

FORMANDO PARTE DO PLAN DE ACOLLIDA, VISITAMOS 1º.
ALÍ VIMOS OS MATERIAIS E AS AXENDAS.
SABEDES? NON LEVAN MANDILÓNS!!!
INTERCAMBIAMOS AGASALLOS. MIRADE QUE BEN ESTAMOS!.

19 jun 2013

OS NOSOS TRABALLOS COMPLEMENTARIOS

NA CASA , DESPOIS DE TRABALLAR E FALAR DE COUSAS NO COLE, ÁS VECES SE NOS OCORRE FACER TRABALLOS COMPLEMENTARIOS OU VISITAS RELACIONADAS E TRAEMOS MATERIAIS INTERESANTES, POR EXEMPLO:
- FACEMOS A NOSA ÁRBORE XENEALÓXICA COMO A DE ROSALÍA

- RESUMIMOS A VIDA DE MALALA
- VISITAMOS OS CASTROS DESPOIS DE FALAR DOS CELTAS
- TRAEMOS MÁQUINAS AO REDOR DO TEMA DO SALÓN DO LIBRO
- ACHEGAMOS LIBROS RELACIONADOS COS PROXECTOS TRABALLADOS
- BUSCAMOS NOTICIAS AO REDOR DO QUE COMENTAMOS
- COMENTAMOS NA CLASE AS NOVAS DO TELEXORNAL QUE TEN QUE VER COS TEMAS E PROXECTOS TRABALLADOS
-...
POR FIN IMOS LEVAR O LIBRO DE ANIMAIS DO PROXECTO QUE ELABORAMOS DENDE COMEZO DE CURSO. MIRADE UNHA PRIMICIA

15 may 2013

LEMOS A NOSA POESÍA NO PATIO E DESPOIS ASISTIMOS A UNHA ACTUACIÓN MUSICAL.

CONMEMORAMOS NO COLEXIO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
LEMOS A NOSA POESÍA NO PATIO PARA TODO O RESTO DO ALUMNADO.
ESCOITAMOS AO CORO DO COLEXIO E...
ASISTIMOS A UNHA ACTUACIÓN XENIAL!
QUEREDES QUE VOS POÑAMOS ALGUNHA FOTO?

8 may 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO E AS LETRAS GALEGAS

ESTE ANO, O 17 DE MAIO, HOMENAXÉASE A ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
É UN ACTOR, ESCRITOR DE TEATRO E COMPOÑENTE DE GRUPOS TEATRAIS MOI COÑECIDO. TRABALLOU TAMÉN NA TVG.
NÓS ESTAMOS TRABALLANDO COA SÚA BIOGRAFÍA.
SABEDES QUE ESCRIBIU UNHA OBRA TITULADA "TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL"?

7 may 2013

UN LIBRO QUE NOS GUSTOU MOITO

LEMOS O LIBRO TITULADO "EL SECRETO".
GUSTOUNOS MOITÍSIMO.
ASÍ QUE DECIDIMOS FACER UNHA VERSIÓN PARA NÓS. ELBORAMOS NA CLASE CADAQUÉN A SÚA. COLOREAMOS, PUXÉMOSLLES BOCADILLOS,...
ATA ELABORAMOS UNHA PORTADA MOI BONITA EMPREGANDO PUBLISHER.
XA IMOS LEVAR PARA A CASA OS NOSOS LIBRIÑOS, SEGURO QUE VOS VAN GUSTAR.

6 may 2013

PARTICIPAMOS NO CERTAME DE POESÍA

NO COLEXIO TODOS OS ANOS, DENDE HAI BASTANTE TEMPO, CELÉBRASE UN CERTAME DE POESÍA.
NÓS IMOS PARTICIPAR.
ESTAMOS AÍ BUSCANDO TEMAS E TRABALLANDO COAS RIMAS...
XA VOS DIREMOS COMO QUEARON AS NOSAS COMPOSICIÓNS.

2 may 2013

AQUÍ ESTAMOS FACENDO DE CONTADORAS E CONTADORES, MIRADE AS FOTOS
Contos acumulativos Infantil de 5 anos: "Dona Carme" e "Chucurruchú"

TAMÉN VOS POÑEMOS O VÍDEO

24 abr 2013

TEMOS UNHA ANIMACIÓN Á LECTURA

COMO SABEDES ESTAMOS A LER O LIBRO "COMO EL PERRO Y EL GATO".
ESTES DÍAS IMOS TER UNHA SESIÓN DE ANIMACIÓN.
SERÁ O DÍA 25. SE PODEMOS POÑEREMOS FOTOS.

FOMOS AO ZOO

ESTIVEMOS POR FIN NO ZOO.
ALÍ VIMOS ANIMAIS DE DIFERENTES HÁBITATS E REPASAMOS TODO O QUE VIMOS APRENDENDO COS PROXECTOS SOBRE ANIMAIS.
FOI ESTUPENDO!
AGORA TRABALLAMOS NA AULA SOBRE A VISITA E IMOS FACER UNHA FOTONOVELA... XA VEREDES QUE GUAI!
ADEMAIS ESTAMOS APROVEITANDO PARA TRABALLAR ANIMAIS E HÁBITATS!

17 abr 2013

ENSAIAMOS UNS CONTOS ACUMULATIVOS PARA O DÍA DO LIBRO

IMOS IR CONTAR CONTOS ÁS OUTRAS CLASES. IMOS FACER CONTACONTOS. ESTAMOS ENSAIANDO E XA VOS POREMOS FOTOS DO EVENTO.

ADEMAIS IMOS TRABALLAR COA PRENSA CO GALLO DA "SEMANA DA PRENSA" NO CENTRO.

UFFFF! CANTA TAREFA!

4 abr 2013

IMOS IR AO ZOO

ESTAMOS ILUSIONADAS E ILUSIONADOS CON IR AO ZOO. ESTIVEMOS TRABALLANDO SOBRE ANIMAIS E IMOS VELOS EN DIRECTO. CAL SERÁ O QUE MÁIS CURIOSIDADE NON CAUSA? FAREMOS UNHA FOTONOVELA COA VISITA. XA VOLA ENSINAREMOS.

3 abr 2013

COMO O CAN E O GATO

ESTAMOS A TRABALLAR CO LIBRO "COMO EL PERRO Y EL GATO". ELABORAMOS HIPÓTESES E AGORA IMOS LELO CON DETEMENTO. TEREMOS UN OBRADOIRO CUN ANIMADOR RELACIONADO CO LIBRO, SERÁ A FINS DE ABRIL. SEGURO QUE A MASCOTA NOS TEN PREPARADO ALGO PARA DESPOIS DE LER ESTE LIBRO... QUE SERÁ?

2 abr 2013

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO XUVENIL. DE AGASALLO TEREMOS UNHAS MINIHISTORIAS PARA LER E PARA ILUSTRAR. E FALANDO DE MINI...
EN MASCOTILANDIA PREPARAN PARA O DÍA DO LIBRO ALGO RELACIONADO COS CONTOS MÍNIMOS, COS CONTOS ACUMULATIVOS E COS CONTOS REDONDOS... QUE NOS TOCARÁ A NÓS?
POR SE ACASO IMOS APRENDER QUE É ISO DAS MINIHISTORIAS...
IMOS CONTARVOS UNHA MIMI-MINI:
ÉRASE UN CONTO TAN BEN CONTADO… QUE XA ESTÁ REMATADO.  
OUTRO?
 HABÍA UNHA VEZ UN CAN CACARÓ QUE ATOPOU UN ÓSO E COMEUNO EL SÓ. E COLORÍN COLOROU, ESTE CONTO REMATOU.
 

20 mar 2013

HOXE COMEZA A PRIMAVERA

HOXE COMEZA A PRIMAVERA...
E PARA CELEBRALO APARECEUNOS UN AGASALLO NA CLASE:
ERA UNHA FLOR!
MAIS NON CREADES QUE SE TRATABA DE CALQUERA FLOR... ERA UNHA FLOR ESPECIAL... UNHA FLOR DE GLOBOS!!
GRAZAS POLO DETALLE.<br />

13 mar 2013

UNHA MÁQUINA ANTIGA NA CLASE

UN NENO (HUGO) TROUXO Á CLASE UNHA MÁQUINA ANTIGA...
É UNHA MÁQUINA DE ESCRIBIR...
PARECE UN ORDENADOR E TEN TECLAS CON LETRAS.
XA VOS POÑEREMOS AS FOTOS.

12 mar 2013

UNHA VISITA Á POLICÍA LOCAL

HOXE FIXEMOS UNHA SAÍDA PARA VISITAR Á POLICÍA LOCAL.
PREVIAMENTE TRABALLARAMOS NUN LIBRIÑO ALGÚN ASPECTO SOBRE ELA, PERO NA VISITA APRENDEMOS MOITO MÁIS.
TEMOS AGORA MOITA INFORMACIÓN SOBRE O QUE FAN E O QUE TEÑEN:
TODO É ESPECIAL!: OS GUANTES, AS BOTAS, OS VEHÍCULOS, OS TRAXES, OS CASCOS CON ALTAVOCES E GAFAS,...
POÑEREMOS FOTOS E VEREDES OS LIBRIÑOS CANDO OS LEVEMOS PARA A CASA


8 mar 2013

CARAPUCHIÑA CHEGA Á CLASE

NESTA SEMANA IMOS TRABALLAR CO CONTO DE CARAPUCHIÑA.
NÓS XA O SABEMOS, PERO TEN ALGO ESPECIAL, XA VEREDES!

TRABALLAMOS DIFERENTES VERSIÓNS, AS CUALIDADES DOS PERSONAXES E VIMOS COMO ERA UN CONTO CON ESTEREOTIPOS SEXISTAS...

FIXEMOS MATEMÁTICAS CON CARAPUCHIÑA...

E CONTAMOS O CONTO CAMBIANDO O SEXO... E TAMÉN UNHA VERSIÓN ACTUALIZADA!

ADEMAIS ESTIVEMOS LENDO CONTOS NON SEXISTAS DE CINCENTA E A BELA DURMINTE.

É MOI DIVERTIDA A VERSIÓN EN VERSO E NÓS IMOS COLOREAR A VERSIÓN NON SEXISTA, INSISITIMOS TANTO QUE AS PROFES NOS FIXERON FOTOCOPIAS PARA CADAQUÉN.

27 feb 2013

VISITAMOS A EXPOSICIÓN DE 5º

5º ELABOROU UNHA EXPOSICIÓN DESPOIS DE TRABALLAR O PROXECTO SOBRE A PREHISTORIA.
VIÑERON TRAERNOS UNHA INVITACIÓN... E FOMOS
É UNHA EXPOSICIÓN SOBRE FERRAMENTAS E ÚTILES NA PREHISTORIA.
NÓS FOMOS VISITALA E AS NENAS E OS NENOS DE 5º FIXERON DE GUÍAS.

20 feb 2013

CREMOS QUE A MÁQUINA VEU DE MARTE

ESTAMOS ELABORANDO A HISTORIA DA ORIXE DA MÁQUINA.
NÓS CREMOS QUE VEU DO ESPAZO... E DENDE ALÍ PASOU POR MOITOS LUGARES DA TERRA...
IDES VER QUE ITINERARIO ESTAMOS ESCRIBINDO.
A máquina fantástica e a súa viaxe

14 feb 2013

UNHA MÁQUINA RARA NO COLEXIO

HOXE APARECEU NO COLEXIO UNHA MÁQUINA RARA.
NON CREADES QUE ERA UN AGASALLO DE NAMORADAS E NAMORADOS...
É RARA...
 PARA QUE SERVE?

12 feb 2013

POR FIN O ENTROIDO

O VENRES TIVEMOS CELEBRACIÓN DO ENTROIDO NO COLEXIO.
DESPOIS DE TER TRABALLADO MOITO SOBRE AS MÁQUINAS, DECIDIMOS DISFRAZARNOS DE ORDENADORES.
QUE GUAI!

6 feb 2013

CASE CHEGA O ENTROIDO

NAS CLASES ESTAMOS CON CERTO APURO, XA ESTÁ CHEGANDO O ENTROIDO:
- ELABORAMOS O NOSO DISFRACE-MÁQUINA... ESTANOS QUEDANDO FANTÁAAAASTICO!
- FACEMOS PLUMAS PARA O GALO

- TRABALLAMOS TEXTOS DO ENTROIDO: INVITACIÓN, POEMAS,...

31 ene 2013

CELEBRACIÓN DA PAZ

ONTE NO COLEXIO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ.
DENDE HAI VARIOS DÍAS ESTIVERAMOS TRABALLANDO COAS CUALIDADES POSITIVAS, FIXEMOS MENSAXES, ELABORAMOS ACRÓSTICOS DE CUALIDADES CON CADA NOME DAS NENAS E DOS NENOS,
ESTÁ TODO XENIAL!

23 ene 2013

REMATAMOS O TRABALLO CON PICASSO

O MARTES, TIVEMOS UN OBRADOIRO DE PINTURA CO ALUMNADO DE 6º.
TIÑAMOS QUE TRATAR DE INVESTIGAR UN FONDO PARA UN CADRO DE PICASSO.
QUEDÁRONNOS MOI BEN!
XA VOS POÑEREMOS FOTOS.

22 ene 2013

UNHA MÁQUINA DE PAZ

NO COLEXIO ACABAMOS DE INVENTAR UNHA MÁQUINA AMABLE.
ESTA MÁQUINA FUNCIONA CON CUALIDADES, CON CUALIDADES POSITIVAS.
NÓS INVESTIGAMOS CUALIDADES POSITIVAS COA LETRA S E IMOS IR COLOCALAS NO ABECEDARIO PARA A PAZ QUE TEMOS NUN CORREDOR DO COLEXIO.
VEREDES QUE BONITO!

PARA O DÍA DA PAZ IMOS FACER MENSAXES POSITIVAS DUNHAS PERSOAS PARA AS OUTRAS.

9 ene 2013

E VEÑEN MÁQUINAS... MÁQUINAS???

AS MÁQUINAS VAN TER MOITO QUE VER CO NOSO TRABALLO NESTES DÍAS. VAI HABER MÁQUINAS DE LETRAS, DE CUALIDADES, DE GRANXA, DE...
COLABORADES CONNOSCO?

UN AGASALLO DE REIS

OS REIS AGASÁLLANVOS CON ESTES VÍDEOS PARA QUE VOS DIVERTADES UN CHISQUIÑO.


PARA VER MÁIS...