24 abr 2013

TEMOS UNHA ANIMACIÓN Á LECTURA

COMO SABEDES ESTAMOS A LER O LIBRO "COMO EL PERRO Y EL GATO".
ESTES DÍAS IMOS TER UNHA SESIÓN DE ANIMACIÓN.
SERÁ O DÍA 25. SE PODEMOS POÑEREMOS FOTOS.

FOMOS AO ZOO

ESTIVEMOS POR FIN NO ZOO.
ALÍ VIMOS ANIMAIS DE DIFERENTES HÁBITATS E REPASAMOS TODO O QUE VIMOS APRENDENDO COS PROXECTOS SOBRE ANIMAIS.
FOI ESTUPENDO!
AGORA TRABALLAMOS NA AULA SOBRE A VISITA E IMOS FACER UNHA FOTONOVELA... XA VEREDES QUE GUAI!
ADEMAIS ESTAMOS APROVEITANDO PARA TRABALLAR ANIMAIS E HÁBITATS!

17 abr 2013

ENSAIAMOS UNS CONTOS ACUMULATIVOS PARA O DÍA DO LIBRO

IMOS IR CONTAR CONTOS ÁS OUTRAS CLASES. IMOS FACER CONTACONTOS. ESTAMOS ENSAIANDO E XA VOS POREMOS FOTOS DO EVENTO.

ADEMAIS IMOS TRABALLAR COA PRENSA CO GALLO DA "SEMANA DA PRENSA" NO CENTRO.

UFFFF! CANTA TAREFA!

4 abr 2013

IMOS IR AO ZOO

ESTAMOS ILUSIONADAS E ILUSIONADOS CON IR AO ZOO. ESTIVEMOS TRABALLANDO SOBRE ANIMAIS E IMOS VELOS EN DIRECTO. CAL SERÁ O QUE MÁIS CURIOSIDADE NON CAUSA? FAREMOS UNHA FOTONOVELA COA VISITA. XA VOLA ENSINAREMOS.

3 abr 2013

COMO O CAN E O GATO

ESTAMOS A TRABALLAR CO LIBRO "COMO EL PERRO Y EL GATO". ELABORAMOS HIPÓTESES E AGORA IMOS LELO CON DETEMENTO. TEREMOS UN OBRADOIRO CUN ANIMADOR RELACIONADO CO LIBRO, SERÁ A FINS DE ABRIL. SEGURO QUE A MASCOTA NOS TEN PREPARADO ALGO PARA DESPOIS DE LER ESTE LIBRO... QUE SERÁ?

2 abr 2013

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO XUVENIL. DE AGASALLO TEREMOS UNHAS MINIHISTORIAS PARA LER E PARA ILUSTRAR. E FALANDO DE MINI...
EN MASCOTILANDIA PREPARAN PARA O DÍA DO LIBRO ALGO RELACIONADO COS CONTOS MÍNIMOS, COS CONTOS ACUMULATIVOS E COS CONTOS REDONDOS... QUE NOS TOCARÁ A NÓS?
POR SE ACASO IMOS APRENDER QUE É ISO DAS MINIHISTORIAS...
IMOS CONTARVOS UNHA MIMI-MINI:
ÉRASE UN CONTO TAN BEN CONTADO… QUE XA ESTÁ REMATADO.  
OUTRO?
 HABÍA UNHA VEZ UN CAN CACARÓ QUE ATOPOU UN ÓSO E COMEUNO EL SÓ. E COLORÍN COLOROU, ESTE CONTO REMATOU.